Fondo cabecera Concello de Samos

Saludo de la Alcaldesa

Alcaldesa Samos

Benvid@ á páxina web do Concello de Samos. Este é un espazo que estamos renovando e actualizando para poder ofrecerlle un mellor servizo e unha maior información, ademais de facilitarlle a realización de distintos trámites. Dende o concello apostamos pola transparencia e o trato próximo coa veciñanza e @s visitantes, polo que se non atopa o que precisa ou ten calquera dúbida, contacte connosco, estaremos encantados de axudarlle. 

No caso de que vostede non sexa de Samos, agradecemos a súa visita virtual, pero gustaríanos invital@ a que veñan ao noso concello, pois non é o mesmo mirar dende unha ventá que vivir a experiencia e desfrutala cos 5 sentidos. Temos unha paisaxe e entorno espectacular, unha gastronomía digna de degustar e uns lugares para percorrer e gozar.

E se é de Samos, pero atópase lonxe, agardamos que con esta páxina, máis coas redes sociais do Concello de Samos, se sinta máis preto e estea o día do que acontece na nosa terra.

Desexamos que esta web, resto de medios que utilizamos para compartir información e o noso traballo sexa do seu agrado. Gustaranos recibir as súas suxestións e ideas que nos poida axudar a mellorar Samos, pois é o que nos move, traballar por e para Samos.

Un agarimoso saúdo

María Jesús López López

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Ayuntamiento de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal