Fondo cabecera Concello de Samos

Saúdo do Alcalde

Imaxen do Alcalde de Samos

Como Alcalde de Samos quero dar a benvida a esta nova páxina web do Concello, que é a resposta do Goberno Municipal á necesidade de adaptarse ás novas tecnoloxías da información, para acadar o obxectivo de ter un servizo máis rápido, eficaz e próximo á cidadanía.

Neste espazo virtual, Samos dáse a coñecer ao mundo e nel o usuario poderá obter información sobre a nosa historia, os nosos monumentos, a nosa paisaxe e a nosa xente. Tamén poderá coñecer os servizos municipais que ofrecemos, as actividades que organizamos ou outra información de interese para o visitante, tal como aloxamentos, restaurantes, etc,¿, axilizar trámites, presentar observacións, suxerencias,¿

Esta ventá é un vínculo entre a administración e os cidadáns e por iso será renovada permanentemente de contidos para que o usuario poida dispoñer dunha información actualizada en todo momento.

Un afectuoso saúdo para todos os visitantes.
Julio Gallego Moure.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002 | Fax: 982 546122
E-mail: concello.samos@eidolocal.es