Os vestixos arqueolóxicos conservados no concello de Samos son testemuños dun remoto asentamento prehistórico nestas terras. A manifestación mais antiga desos primeiros poboadores atópanse nas covas de Santalla, os túmulos megalíticos de Bustofrío e Trascastro e os castros de Loureiro e Formigueiros (este último escavado parcialmente), e as mámoas da Serra de Édramo, que é a zona de maior concentración destes túmulos funerarios.
A abundancia destos antigos poboados ou castros, indica a importancia da cultura castrexa, manifestada en lugares como Pascais, Romelle, Lourido, Extraxiz, Teivilide, etc; nos que, a pesar de non ter feito excavacións se pode datar a presenza desta cultura nun periodo comprendido entre o século VII antes de Cristo e o século II despois de Cristo, anque é moi probable que os asentamentos perduraran ata a Idade Media.
A chegada dos monxes no século VI vai a acaparar a historia do municipio, íntimamente ligada o seu mosteiro. A sua orixe remóntase á época de dominio suevo e visigodo, situando a sua fundación no século VI, en tempos de San Martíño de Dumio.
O mosteiro quedou abandoado no ano 714 coa chegada dos árabes a Lugo; anque foi por un corto espazo de tempo; xa que se ten noticia da asignación do terreo que fai o rei Fruela I na segunda mitade do século VIII ó abade Argerico; o cal, posteriormente, proporciona estancia e refuxo ó seu herdeiro Alfonso II o Casto, que pasou aquí a sua infancia tras o asasinato do seu pai.
No século X a vida monástica no mosteiro sufre un quebranto, nese momento e a petición dos nobles galegos Arias e Gutier Menéndez, San Virila, abade de Penamaior en Becerreá enviará dezasete monxes que finalmente logran retornar a vida monástica ó cenobio. É no século X cando este cenobio toma a regla de San Bieito. A raíz da adopción da regla de San Bieito, o mosteiro ocupase de dar hospitalidade os peregrinos no año 960.
Existe documentación do auxe da abadía de Samos nunha bula papal de Alejandro III do año 1175, momento no que a abadía exercía xurisdicción sobre as 105 iglesias repartidas por toda Galicia.
No século XV os Reis Católicos implantan unha reforma nos mosteiros beneditinos, orden á que se incorporou Samos no ano 1505 tendo como consecuencia un importante impulso no aspecto económico e na formación monacal, vivindo unha época de intensa actividade nos séculos XVII e XVIII.
No século XIX foi hospital de guerra durante a ocupación francesa. Neste século iníciase unha etapa de incertidume para o futuro da abadía, que ve como no ano 1835 pasa de ser habitado por trinta e sete monxes a tres. Esto leva consigo o deterioramiento do edificio, que foi entregado polo Estado ó municipio de Samos, pero pola insuficiencia de fondos para afrontar o seu mantemento foi devolto a mans do Estado no ano 1862.
Os terreos monacales foron vendidos en poxa pública no primeiro período de exclaustración, no ano 1.822, o que deu lugar a unha forte transformación do devandito espazo. En 1.857 a corporación municipal de Samos decide trasladar o reloxo do mosteiro ao centro da localidade debido ao seu mal estado de conservación e ao temor a que as súas pezas fosen roubadas.
Non será ata o ano 1880, cando o mosteiro inicia o resurdimento coa chegada de nove monxes da orde procedentes de Valladolid, que traballarán na restauración.
Toda a historia de Samos está ligada ó mosteiro. Incluso o nome primitivo, Samanos, que según o Padre Sarmiento significa unha comunidade relixiosa.
Persoaxes de relevancia ligados a Samos e o seu Mosteiro:
Rey Fruela I, o Cruel: (722 - Cangas de Onís 768), Rei de Asturias do 757 ó 768. Axudou a restaurar o mosteiro de Samos.
Rey Alfonso II, o Casto: (760 - 842), Rei de Asturias no 783 e posteriormente entre os anos 791 ó 842. Pasou a súa infancia no mosteiro de Samos e en el se educou. Como resposta de agradecemento ó mosteiro recibiu unha carta no ano 811 na que confirmaba a posesión das terras doadas polo seu pai. Milla e media de coto arredor do mosteiro.
San Virila: (Tiermas, Zaragoza 870 - Mosteiro de Leire 950), prelado español que alentou a Reconquista e expandio a orde benedictina en Galicia.
Alfonso I, o Batallador: (1073 - Poleñino, Huesca 1134), Rey de Navarra e Aragón do 1.104 ó 1.134. Destacou na loita cos musulmáns, casado con Doña Urraca.
Doña Urraca de Castela, a Temeraria: (León 1081 - Saldaña 1126), Raiña de León e de Castela do 1.109 ó 1.126. Foi a primeira muller en Europa en exercer un reinado de pleno dereito.
Martín de Padrozelos: (Praducelo de Lóuzara, Samos séculos XI-XII) xograr galego compositor de dez cantigas: nove cantigas de amigo e unha cantiga de amor, en lírica galego-portuguesa.
Padre Bieito Jerónimo Feijóo y Montenegro: (Casdemino, Ourense 1676 - Oviedo, 1764), considerado o fundador do ensaio filosófico en lengua española gracias a súa obra Teatro Crítico Universal. No Mosteiro el claustro maior leva o seu nome e no seu centro podemos ver unha estatua que o representa.
Padre Martín Sarmiento, Pedro José García Balboa: (Villafranca del Bierzo, León 1695 - Madrid 1772), escritor e erudito benedictino pertencente á Ilustración.
Vicente María Julián Vázquez Quiroga Queipo de Llano: (Samos, Lugo 1804 - Madrid 1893), matemático, economista e político samoense.
Manuel Murguía: (Arteixo, A Coruña 1833 - A Coruña 1923) Historiador i escritor gallego. Considerado o impulsor mais destacado do Rexurdimento galego, foi o creador da Real Academia Galega.
Ramón Cabanillas Enríquez: (Cambados 1876 - Cambados 1959), foi un poeta en lengua galega, é considerado como o enlace do Rexurdimento e a modernidade literaria do século XX na literatura galega, membro da Real Academia Galega e, posteriormente, membro da Real Academia Española. A súa última obra foi un libro chamado Samos, poema que versa sobre a vida dentro do mosteiro.
Gregorio Marañón: (Madrid 1887 - Madrid 1960), científico, médico, escritor, pensador e historiador.
Fiz Vergara Vilariño: (Santalla de Lóuzara, Samos 1953 - Santalla de Lóuzara, Samos 1997), poeta samoense en lingua galega. Dícese que foi un dos mellores poetas do que deu en chamarse o dos Novísimos. Foi galardoado en tres ocasións co Premio "Chao Ledo", en sete co Premio "Meigas e Trasgos", en dez ocasións co Premio "Begonte" e co "Premio da Crítica". Na súa honra a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a agrupación cultural Ergueitos de Sarria crearon unha ruta literaria e artística no val do Lóuzara.
Todos estas persoaxes de relevancia ou ben naceron en Samos ou estuveron relacionados co concello ou o mosteiro de Samos; xa sexa porque traballaron nél, porque teñen que ver na súa creación e desenrrolo ou porque o visitaron nalguna ocasión ó largo da súa longeva historia. Outras personaxes relevantes na relación co Mosteiro e o concello de Samos foron: Frai Juan de Chacón, o padre Sarmiento de Sotomayor que foi abade de Samos e obispo de Mondoñedo, o padre Mauro Gómez Pereira que foi abade mitrado de Samos do 1895 ó 1977, o padre Rosendo Salvado e o cardeal Quiroga Palacios.
Para quen queira penetrarse máis na historia de Samos e o seu mosteiro pode acceder á tese doutoral de Estefanía López Salgas, "San Julián de Samos - Lugo, estudo e interpretación do deseño monástico e a súa evolución".
http://hdl.handle.net/2183/14723