Fondo cabecera Concello de Samos

Economía

Explotación lechera entre Francos y Teibillide

A economía predominante en Samos é o sector primario con un 85% da poboación activa, moi por riba do sector secundario que soamente emprega un 4% da poboación activa. O sector terciario é o que actualmente está repuntando con mais forza.

Respeto ó sector primario a cría de gando vacún é a actividade dominante, o seu clima e a orografía son propicias. O gando vacún, destinado á producción de carne, maiormente, e o de leite duplican en número de cabezas ó de  porcino. A cría de ovino e cabrún adoita aparecer en explotacións mixtas con bovinos. Polo tanto, as explotacións agrarias destinan a maior parte das suas terras ó cultivo de forraxe para a alimentación dos seus animais.

Hai unha gran producción de mazás, que se destinan á fabricación de sidra,  ademais de castañas e noces, que desde fai bastantes anos se exportan ós mercados nacionais i europeos.

A  silvicultura tamén ten o seu espazo no tecido económico do municipio; de feito hai algunha empresa que se adica á madeira, e a Comarca é coñecida polas numerosas fábricas de mobles.

A apicultura  desenvolvese por algúns productores de xeito artesanal; anque se pode atopar algunha empresa con sobrado recoñecemento no municipio.

A industria é escasa; conta con canteiras de pizarra e mármol para terrazo, algunha industria madereira e unha piscifactoría de salmón atlántico en Lóuzara. Antigamente a industria textil, as ferrerías como as de Gundriz, Santalla e Lusio entre outras, e a artesanía tuvieron a sua relevancia. A cerámica tamén destacou principalmente na aldea de Lamartin, parroquia de Loureiro; ainda na actualidade se conserva algún forno. Nos fornos de Lamartin  fabricouse a canalización que, no seu momento, foi destinada á conducción de agua sanitaria ó mosterio, da cal ainda se conserva algún tramo. Non olvidemos a construcción de apeiros de labranza tradicionais.

O crecemento do sector terciario na actualidade débese ós centros de atención sanitaria, banco, residencia de ancians, cooperativa, e servizos turísticos como aloxamentos, bares, restaurantes; debido estos últimos, á gran afluencia de peregrinos ó longo de todo o año e a que cada vez son mais as persoas que desexan pasar uns días.

Imaxes

Souto de castañas, Sunide Cantera de Trascastro

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal