Fondo cabecera Concello de Samos
Inicio » Turismo » Festexos

Feiras e Festas

Música de ayer y de hoy en las celebraciones

Non fai moitos anos as feiras eran algo mais que un mercado no que os gandeiros levaban ben cedo as reses, utensilios de labranza coa intención de vendelos, chegaba cunha aperta de mans para cerrar un trato. Tamén se trataba dun acto social no que despois do mercado se xuntaban a comer o pulpo. Hoxe en día, como en moitas outras zonas rurais europeas, as ferias e festas deixaron de existir i en algún dos casos fóronse adaptando ós novos tempos. A despoboación rural dos anos sesenta hacia as grandes cidades españolas i en menor medida europeas, a mecanización do campo e as novas normativas suprimiron o comercio tradicional.

 Os tratantes de hoxe xa non teñen nada que ver cos de fai duas décadas. As feiras de hoxe son un atractivo turístico e unha moi boa excusa para ver vellos coñecidos. Nelas  podemos ver artesanía e degustar a exquisita e variada gastronomía da zona.

As feiras mais destacadas son:

Feira de artesanía de Samos, o segundo domingo de agosto.

Conta con exposición de productos artesanos, actividades tradicionales como a malla de cereal e bailes tradicionais.

Feira de artesanía de A Ponte de Lóuzara o 17 de agosto.

A feira está adicada ás tradicións perdidas, á artesanía, á gastronomía, ós productos naturais autóctonos e a música, tanto tradicional como a outros estilos.

As festas son hoxe unha boa excusa para reunir a forasteiros e samoenses de dentro e fora, que se reencontran cos seus e recordan tempos pasados. O concello traballou para revitalizar estas festas nas que ademais do sentido relixioso tamén están moi presentes no folclore e a gastronomía, o cal da un carácter turístico ó evento.

Todas as parroquias manteñen algunha das suas festas, desta maneira resurxen as tradicions antigas para que as xeneracións futuras non esquezan as suas orixes e o seu significado.

As festas mais destacadas son:

Festa de San Bieito, o 11 de xullo.

Romería de San Roque, o 16 de agosto en Santalla de Lóuzara.

Hai misa e unha merenda con baile ó lado do río Lóuzara. Para os mais atrevidos, a media tarde, celébrase a  ¿Festa da Auga¿, consiste en tirarse ó río para axudar a combatir o calor que suele acompañar por estas datas.

Outras festas de carácter non relixioso son:

Carnaval en Samos durante o mes de febreiro.

Imaxes

Concentración de gente en los puestos artesanales, Feira da Ponte de Lóuzara Pareja de bueyes y carro

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002 | Fax: 982 546122
E-mail: concello.samos@eidolocal.es