O espléndido entorno natural do concello de Samos, os seus pastos, os ríos e o saber facer da xente é propicio para que a materia prima dos alimentos sexa dunha calidade excelente.
O que un día empezou como una moda entre os restauradores do concello, usar os productos propios da zona para a elaboración dos seus platos, pasou a ser de uso común. Non é difícil ver, xente doutras localidades degustando os platos que aquí se fan.
Das suas hortas saen as legumes e hortalizas de ricos sabores e cores naturais.
Os ríos polos que discorren augas frías e cristalinas ofertan troitas e anguilas que os cociñeiros expertos da zona saben preparar moi ben.
As carnes son las raiñas dos fogóns. Os castiñeiros e os carballos cos seus frutos alimentan ó gando bovino e porcino. O porco ofrece moitas formas de ser preparado lacón, cachola, chourizos, morcillas, butelo e xamón, entre outras; como reza o dito, do porco aproveitanse ata os andares.
O gando bovino, ó igual que o ovino, aliméntase nos verdes e abundantes pastos destas terras. As suas carnes son dunha gran calidade, apreciable no paladar, exquisitos chuletóns, solomillos.... saen da carne de vacún.
Outros platos que podemos degustar son a empanada, o caldo, pulpo ¿á Feira¿, as filloas de leite ou as de sangue, en época de matanzas, entre outros moitos.
Os establecementos son recoñecidos pola sua repostería, destacan os denominados bizcoitos de Samos, cuia receta salío do mosteiro fai mais de 250 años. Ainda hoxe, se siguen facendo como antes e son moi demandados por quen as degustou. Os postres que ofrecen os hosteleiros son na sua gran maioría caseiros, utilizando as materias primas do propio concello.
Outros postres que se poden degustar son as cañas e un surtido variado de tartas de queixo, castañas e moitas outras.
Durante a estancia en Samos poderemos comprar alimentos elaborados por pequenas empresas como pode ser o mel.