Fondo cabecera Concello de Samos

Tecores e coutos de pesca

Este capítulo non pretende facer un xuicio de valores; simplemente pretende informar dun xeito obxectivo das posibilidades que o municipio ofrece a todo potencial visitante. Para uns, o mellor disparo é o do obxetivo dunha cámara fotográfica, e outros,  agárranse á tradición: o que hoxe se chama deporte e antigamente era una necesidade para os habitantes destas terras.

Os TECORES son Terreos Cinexeticamente Ordeados, según a Ley 4/1997 de caza de Galicia obriga a todos os coutos da Comunidade Autónoma a dispoñer dun proxecto ou plan de ordenación que regule o aproveitamento cinexético para así transformarse en TECORES; ou sexa, sustitue ós que anteriormente se chamaban coutos privados de caza. É decir, búscase unha adecuada xestión cinexética que contemple os criterios de sostenibilidade.

Como se citou no capítulo de recursos naturais, parte do municipio está incluido na Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Natural; o cal nos leva a pensar que hai un gran potencial cinexético.

Nestes TECORES, as pezas de caza practicamente comúns a todos son o corzo, o xabarín, a perdiz bermella, a lebre, o coello, a pomba torcaz e a becada.

OS TECORES do municipio e compartidos con outros son:

A Conexeira, 8.120 ha. de Samos.

Val de Lóuzara, 2.948 ha. de Samos.

Castro de Parada, 2.250 ha. de Samos.

Serra de Oribio, 2.628 ha. de Samos.

Gundriz que se comparte con el municipio de Triacastela.

Santa Bárbara Láncara que se comparte con los municipios de Láncara y Samos.

Os cristalinos ríos que permiten a práctica da pesca e os coutos son:

Santalla de Lóuzara, no río Lóuzara. O seu límite superior é A Ponte da Retorta na estrada entre Gundriz e Praducelo e o límite inferior é A Ponte de Santalla de Abaixona estrada que vai á igrexa. Dispón dun tramo de 9,7 Km. e  péscase troita.

Venta de permisos: Casa Aira Padrón - San Cristovo de Lóuzara (Samos) Telf: 982 54 60 63.

Frollais, no río Sarria. O seu límite superior é A Ponte de Reiriz en Samos e o límite inferior é  A Ponte de Fafián en Sarria. Dispón dun tramo de 11,4 Km. e  péscase troita.

Venta de permisos: Bar Parisien - Calvo Sotelo, 180 (Sarria), Tlfno: 982 53 04 91. Mesón A Pontenova (Samos), Telf: 982 54 60 03. Hotel Alfonso IX (Sarria), Telf: 982 53 00 05.

Oribio Alto, no río Sarria. O seu límite superior é A Ponte da Balsa en Triacastela e o seu límite inferior é a ponte da Capela do Ciprés en Samos. Dispón dun tramo de 12,2 Km. e péscase tamén troita.

Venta de permisos: Bar Parisien - Calvo Sotelo, 180 (Sarria), Tlfno: 982 53 04 91. Mesón A Pontenova (Samos), Telf: 982 54 60 03. Hotel Alfonso IX (Sarria), Telf: 982 53 00 05. Bar Peregrino (Triacastela), Telf: 982 54 80 24.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal