O concello de Samos pertence á Comunidade Autónoma de Galicia, á provincia de Lugo e á comarca de Sarria.
Forma parte das estibacións das serras orientais de Galicia, limita ó Norte cos concellos de Sarria e Láncara, ó Sur os de Poboa de Brollón e Folgoso do Courel, polo Leste linda co concello de Triacastela, e polo Oeste co de O Incio.
Cómo chegar:
Por avión: Pódese facer en avión sendo os aeroportos mais próximos os de A Coruña, Santiago e Vigo.
Por tren: As estacións mais próximas son a de Monforte a 39 Km. e Sarria a 12 Km.
Por estrada: A vía rápida mais cercana é a autovía A-6 (Madrid ¿ A Coruña). Las saídas mais próximas son o Km. 431 en Pedrafia do Cebreiro, tomando dirección a Triacastela pola carretera provincial LU-633 ata chegar a Samos e o Km. 488 en Nadela, tomando dirección a Sarria e despois a Samos pola carretera provincial LU-633.
De luns a venres hai un autobús que une a capital do municipio con Pedrafita do Cebreiro, Sarria e Lugo.
Distancias
A Coruña: 139 Km.
Santiago: 128 Km.
Vigo: 183 Km.
Lugo: 45 Km.
Ourense: 84 Km.
Madrid: 467 Km.
Barcelona: 935 Km.
Irun: 585 Km.
Sevilla: 792 Km.
Oporto: 264 Km.
As distancias ás que se atopan os dous núcleos mais relevantes do municipio con respeto ó comezo e ó remate para quen realice o Camiño Francés son:
Dende Saint Jean de Pied de Port ata San Xil (Samos): 649 Km.
Dende Saint Jean de Pied de Port ata Samos (variante): 653 Km.
Dende San Xil ata Santiago de Compostela: 126 Km.
Dende Samos ata Santiago de Compostela: 123 Km.