Área Fluvial e recreativa de Teiguín
Área de lecer situada na aldea de Teiguín, cerca do casco urbano de Samos, xunto ó río Oribio ou río Sarria. Está formado por dúas piscinas; unha de adultos e outra infantil. Dispón dun amplo campo polivalente para xogar ó fútbol, ó baloncesto, etc.; vestiarios e aparcamentos. O lado desta área fluvial está a parte recreativa con bancos e mesas de pedra ademais de barbacoa. O seu entorno é idílico.
Área recreativa de Teiguín: https://maps.app.goo.gl/EKhUMc3rd2srAsKu8
Área de descanso de Foxos: https://maps.app.goo.gl/4c2adDHJh7ub4PVy6
A ó largo do Camiño Francés ao seu paso polo municipio de Samos existen numerosas áreas de descanso xunto ao río como a área de Foxos.
O centro urbano de Samos tamén dispón de dúas zonas de merendeiros: unha na parte alta do xardín que rodea a Capela do Ciprés e outra alén do río, fronte ao campo da feira, á que se accede por dúas pontes de madeira dende o propio campo da feira. Ambos merendeiros gozan dun ambiente tranquilo e agradable, en plena natureza e á sombra das árbores que os rodean.
Merendeiros fronte ao campo da feira: