Fondo cabecera Concello de Samos

Turismo activo

O noso municipio é a contorna ideal para realizar actividades de tempo libre na natureza, xa sexan por conta propia ou guiadas, tales como sendeirismo, roteiros micolóxicos, visitas interpretativas do patrimonio ou da natureza etc. Ou simplemente gozar dunha obra de teatro ao aire libre na aldea de Santalla de Abaixo grazas á colaboración entre veciños e o grupo Milrosas Teatro que cada ano interpretan unha obra do poeta local Fiz Vergara Vilariño, cara a finais do verán, nunha praza do pobo.

Mesmo de forma estacional, organízase un scape room no Albergue Público Casa Forte de Lusío.


Guías turísticos acreditados pola Xunta de Galicia no municipio de Samos

· Xaime Fernández, habilitación nº GT-953-XG

Ofrece roteiros interpretativos pola contorna das mámoas de Sta. Mariña e o Castro de Formigueiros, roteiro interpretativo do poeta Fiz Vergara Vilariño e visitas guiadas a Samos e a súa contorna en xeral.

Idiomas: Castelán, galego, inglés, francés, alemán e italiano.

Para contratar os seus servizos: +34 604 09 46 60


Empresas de turismo activo

· Coureleando, técnicos deportivos en media montaña (TD2) que ofrecen actividades guiadas no noso municipio baixo petición do visitante tales comoroteiros con raquetas de neve, roteiros nocturnos, actividades de orientación, arqueoloxía e bioloxía.

Para mais información: www.coureleando.com

Ou nos telf.: +34 606 64 23 37 (Iván) / +34 626 64 30 21 (Guille)

· Pía páxaro, empresa asentada no Courel que ofrece visitas guiadas polo Val de Lóuzara (ademais de en a súa propia contorna máis próximo, o Courel).
Trátase de visitas interpretativas na natureza, centradas xeralmente na flora autóctona como as orquídeas, roteiros micolóxicos,... Os roteiros adoitan ser de pequeno percorrido (7km aprox.) aínda que adaptan a dificultade técnica a cada usuario que contrate os seus servizos.

Para mais información: https://piapaxaro.com ou no telf. +34 687 00 13 04

· Vida Láctea, especialistas en actividades como senderismo, kaiak, padelboard, tiro con arco, actividades de orientación...


Para mais información: www.vidalactea.com ou no telf.: +34 982 82 84 96


Asociacións que organizan actividades puntais no noso concello:

· Fundación Uxío Novoneyra.

· Asociación Ergueitos de Sarria.


Proxecto informativo

· Turismo de Samos

Para mais información: https://turismodesamos.com/ ou no telf. +34 982 023 078

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal