Fondo cabecera Concello de Samos

Ruta do Carballal

Perfil ruta do Carballal

 

 

Distancia: 8'91Km.
Dificultade: Baixa
Desnivel acumulado: 710m.

Roteiro circular desde Samos ata o Miradoiro de Penabranca, pendente de sinalizar pero que se pode realizar facilmente coa axuda de Wikiloc.

O roteiro sae desde o antigo lavadoiro que se atopa na gran curva que sobe ao Barrio de Outeiro, no núcleo urbano de Samos. A maioría do trazado realízase por pistas ata que ao baixar a Sierra do Édramo, tras pasar o desvío ao castro, convértese nunha senda estreita e moi divertida (a mesma pola que transcorre o Camiño Eufrasiano, entre Samos e Val do Mao) polo desnivel que ofrece e ir escondida entre a vexetación pero que é fácil de recoñecer; ata que volve saír a outra pista e así continúa ata a chegada ao campo da feira de Samos onde se penetra xa no centro urbano.

Desde o miradoiro non só se pode observar Samos senón tamén se diferencian á perfección os centros urbanos de Sarria e de Lugo.

Nas inmediacións do miradoiro hai algúns chozos de pastores que foron restaurados, e é nesa contorna onde o senderista pode desviarse para gozar do Castro de Formigueiros (sinalizado no camiño).

Este roteiro ofrece a posibilidade de desviarse antes do ascenso ao miradoiro (sinalizado no mapa) para facer o roteiro máis curta e con menor desnivel acumulado.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-del-carballal-149820163

Imaxes

Vista de Samos desde o Miradoiro de Penabranca

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal