Fondo cabecera Concello de Samos

Mosteiro de San Xulián de Samos

Vista panorámica del monasterio

Localidade: Samos.

A Real Abadía de Samos  aséntase na mesma capital do concello, o río Sarria discorre tocando os seus muros. O mosteiro ofrece ó visitante un fermoso contraste entre os seus rudos e sinxelos muros exteriores cos fermosos i elegantes claustros en granito. Non en balde é dos que mais tempo leva declarado en Galicia como Ben de Interese Cultural (BIC), polo seu valor artístico.

O complexo monástico, ó igual que outras moitas construccións eclesiásticas, amosa unha mistura de estilos, produto de progresivas ampliacións e reformas ó longo dos séculos, por iso entre os seus muros atópanse expresións artísticas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. Todo o complexo monástico xira entorno a dous claustros, o claustro do Padre Feijóo e o claustro das Nereidas.

Hai que destacar a recente creación do novo museo monástico denominado ¿Samanos¿, antigo nome co que se coñecía o pobo de Samos e outra novidade é a recuperación da  botica na que hai quince séculos de traxectoria de plantas medicinais e mediciñas.

O museo consta de sete estancias xunto ó claustro do Padre Feijoo, está adicado á orixe do mosteiro, á obra de Deus, a evolución do monasterio e a vida no claustro dos monxes. Mostra obras que van desde os séculos III e IV antes de Cristo ata os nosos días, incluso algunhas do neolítico. Pódense ver esculturas, orfebrería, libros, pergaminos, tecidos, pezas de Francisco de Moure, recetas de alquimia, manuscritos del Padre Feijoo entre outras.

Fachada da Igrexa

Debido a sua horizontalidade o que mais chama a atención desta fachada é que da a impresión de estar incompleta ó non ter torres nin coroamento o ático central. É unha fachada de dous corpos de estilo barroco do século XVIII, o cal lle imprime personalidade. No corpo inferior da fachada atópase a porta de entrada centrada entre cuatro columnas dóricas sobre os seus pedestais. Sobre a porta está a figura de San Bieito, obra do escultor Ferreiro, nunha fornacina de estilo barroco. Tamén cabe resaltar as impresionantes pilastras laterais do primero corpo, duas a cada lado; entre as pilastras destacar a ventá rectangular de tambanillo curvo con un enmarcado ollo de boi, na sua parte superior. Na rúa principal do segundo corpo situado no centro atopamos un rosetón flanqueado por duas columnas e simétricamente situadas, duas fornacinas coas imaxes de San Xulián e Santa Basilisa. Nas ruas laterais do segundo corpo destacan a balaustrada sobre a cornixa e o campanario de estructura cadrada e arco de medio punto.

Accédese á porta por unha escaleira señorial do século XVIII inspirada na do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Claustro del Padre Feijóo

Este claustro comenziuse a construir a finais do século XVII e rematouse no século XVIII, é de estilo clasicista e atópanse entre os mais grandes de España, as suas dimensións son de 54 metros e medio de largo. Está formado por tres pisos, o inferior amosa as galerías abertas ó patio con arcos de medio punto donde se apoian as pilastras dóricas. No segundo piso obsérvanse ventás sinxelas. No último piso apreciamos a sua balaustrada e grupos de baldes de arcos carpaneis sostidos por columnas de tipo xónico.

No centro do Claustro destaca a impoñente escultura realizada ó Padre Bieito Xerónimo Feijóo polo escultor Francisco Asorey.

O material da escultura é de tres clases de granito de distintas cores e como anécdota sinalar que nos días de choiva a cor da vestimenta do Padre Feijoo resalta especialmente.

Claustro das Nereidas

Tamén se lle coñece como claustro Pequeno. É un claustro mais antigo que o de o Padre Feijóo, data do século XVI; foi realizado polo arquitecto monfortino Pedro Rodríguez i é de estilo gótico tardío. Foi construido sobre as ruinas dun claustro anterior de estilo románico, que resultou destruido por un incendio. A porta que está situada no ángulo noreste é a única zona do anterior claustro que resistio os embates do lume. As bóvedas son de crucería estrelada con claves decoradas con diversos motivos. O piso terceiro  construíose no século XVIII. Os tramos desiguais da segunda planta están iluminados por montantes ovalados por encima das ventás e  por riba está a cornixa da que sale a terceira planta na que se aprecian ventanais con arco carpanel.

No centro destaca a sua fermosa e barroca fonte central, chamada das Nereidas. É obra do Padre Juan Vázquez. A copa é sostida por catro esculturas que representan a este ser mitológico.

Portada Románica

Situada no claustro das Nereidas atópase esta portada que é do pouco que queda das edificacións románicas. É do século XII, armónica e sinxela, era unha entrada á igrexa. Dispón de dous arcos de medio punto concéntricos, suxeitos por dous pares de columnas acodilladas que atopamos enmarcando a porta e o tímpano. O tímpano semicircular está adornado con unha cruz procesional de baixo relieve.

Escaleira neogótica

Fermosa escaleira labrada en pedra con antepeito artístico calado inspirada no gótico que comunica as duas plantas superiores. Levouse a cabo co fin de sustituir á antigua que despois do incendio de 1951 quedou moi deteriorada. Foi diseñada por D. Juan Monleón, monxe de la comunidade. Ós pes da escaleira atópase un busto do Padre Rosendo Salvado, obra de Francisco Asorey.

Biblioteca

A biblioteca  resulta de gran interés pola cantidade e calidade das obras que posúe, entre as que se atopan algunhas incunables. Durante a desamortización de Mendizábal en 1835 algunhas das suas obras foron trasladadas a Lugo. O incendio de 1951 supuxo un gran perxuizo para a biblioteca, pero a pesar de todo dispón dun arquivo amplo e dun alto valor cultural. O tratarse dun lugar de silencio i estudo non é posible visitala.

Sino e Sacristía

O Sino recibe este nombre da sinal que da o abade a este lugar para entrar comunitariamente en la iglesia. Destaca a sua bóveda do siglo XVI, a sua fonte barroca policromada, os frescos do pintor catalán Joan Parés e os mobles neoclásicos.

A sacristía data do século XVIII, é clasicista, de planta octogonal e coroada por unha cúpula. Mobles neoclásicos e mesa barroca policromada.

Igrexa monacal

Igrexa de mediados do século XVIII; barroca anque con unha notable sobriedad clásica. Hai que resaltar a sua grandeza e luminosidade. Consta de tres naves; a nave central, que é a de maior altura e anchura, xunto co crucero, da lugar a unha planta en forma de cruz latina. O alzado da nave principal susténtase por pilastras dóricas. Na unión dos dous brazos levántase a cúpula galonada con casetóns sobre un tambor, todo elo sustentado por catro arcos de medio punto. Ábrense unhas tribunas con arco de medio punto e barandilla de ferro forxado. O retablo e as sus esculturas son marabillosas obras de arte. Cabe resaltar as esculturas de Francisco de Moure: a Inmaculada, San Juan Bautista e a Virxe Dolorosa. De José Ferreiro haiy que destacar o retablo maior coa escultura de San Xulián. Non podemos esquecer o grandioso órgano de tres fachadas que ofrece un maxestuoso son.

Pinturas murais

No primero andar do claustro do Padre Feijóo pódense apreciar pinturas murais dos pintores Celia Rodríguez Cortés, Joan Parés, José Luis Rodríguez i Enrique Navarro. Emplean técnicas i estilos diferentes.

Ademais das pinturas murais, no mosteiro hai outras obras de moitos outros artistas. Destaca a Inmaculada Concepción, que supostamente foi obra do pintor asturiano Juan Carreño de Miranda, ou de seu entorno. Nesta pintura  pódense apreciar todas as características do pintor. O que nos queda hoxe en día do pano é o que se puido salvar do lume de 1951.

Imaxes

Fachada y escalera de la Iglesia Claustro del Padre Feijoo

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal