Fondo cabecera Concello de Samos

Capela do Salvador ou do Ciprés

Entrada a la capilla

Localidad: Samos.

Atópase a uns cen metros do mosteiro i é o resto mais antigo que conserva éste. Posiblemente se tratara dunha celda monástica. A sua construcción en laxas de pizarra data do fin do século IX a principios do século X, de ahí que responde ó estilo mozárabe. Consta de dous corpos de planta lixeiramente trapezoidal, nave e cabeceira. Un rasgo característico é que a porta situada no lateral sur a súa curvatura tende á forma de ferradura. Na fachada principal, mirando ó río Oribio, podemos apreciar unha ventá de doble arco á que lle falta o parteluz. No interior resalta o arco triunfal elíptico que nas formas tende á de ferradura e tamén hai que destacar as pinturas ó fresco de influencia astur.

Casi adosado á Capela atópase un gran ciprés milenario de 25 metros de altura e de uns 3,25 metros de perímetro. Está considerado entre as 50 árbores mais notables de España. O parche negro é causa dunha ferida ocasionada por un lóstrego. Circula unha lenda que di que a ferida foi ocasionada en 1.926 ó prenderlle lume a un panal de abellas que, por causas obvias, se quería eliminar da árbore. O parche cumple a doble función de protección e de axuda á rexeneración natural da árbore.

Imaxes

Imágenes de la Capilla del Ciprés Detalle del interior y de las pinturas al fresco

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal