Localidade: Reiriz.
Igrexa románica do século XII. Está composto por unha única nave e unha cuberta a duas aguas. Posúe unha porta con doble arco de medio punto. Varios canciños ornamentan a cornixa. O ábside é pentagonal i en cada un dos tres planos da cabeceira hai unha fiestra, con columnas acodilladas. Destaca o retablo de estilo barroco dun so corpo e ático con columnas abalaustradas. Esa igrexa sufrío algunhas reformas. As imaxes están adicadas a San Esteban, San Xosé e Santa Lucia entre outros.