Localidade: Lousada.
Casa típica labrega da zona. Construida en mampostería de pizarra. Accédese á vivenda por un corredor que tamén da paso a un patio no que se atopan as cuadras. Dispón das dependencias correspondentes ó almacenamento de material e productos agrícolas. No seu interior móstrase unha exposición de cuadros realizados con minerais da zona. É unha colección realizada polo propietario da casa.
Outras casas Palacios do concello son a Casa-Forte de Frollón e a Casona dos Miranda en Aián.