Localidade: Formigueiros
Castro situado a mais de 800 metros de altura que está considerado como un dos mais monumentais de Galicia. O castro, da Idade de Ferro, parece que estivo habitado ata a época das invasións xermánicas e o desmoronamento do imperio romano e logo abandoado durante o goberno do emperador romano Tiberio. Algunhas hipótesis apuntan a que antes desta última ocupación foi abandoado durante un periodo de dous ou tres séculos. Unha das suas peculiaridades é a de dispoñer de ó menos catro grandes murallas defensivas cos seus respectivos fosos e parapetos engadidos en diferentes puntos. Este castro ainda se atopa en estudo. Estánse limpando as suas murallas, desenterráronse restos de vivendas e descubríronse catro louxas nas que se poden observar grabados de peixes (que ben poderían ser salmóns), cabalos e figuras xeométricas que posiblemente tuveron un fin relixioso ou ceremonial.