Fondo cabecera Concello de Samos

Castro da Moura

Localidade: Lóuzara.

Xacemento arqueolóxico situado a 950 metros composto polos restos dun castro de finais da Idade de Bronce e despois ocupado do século III A.C. á época romana. De forma ovalada e de pequenas proporcións. Atopáronse materiais cerámicos, dous muiños planos, e unha lámina de bronce, entre outras.

Outros a resaltar son os castros de Loureiro e Lourido. Non se pode deixar de mencionar as mámoas ou modorras, son apilamentos artificiais de terra, con ou sin pedras, que adoitan ter unha forma esférica, acostuman a surxir dun xeito repentino e sinalan un ou mais enterramentos. No seu interior esconden un entramado de pedras que coñecemos como dólmenes, indican donde houbo una cultura megalítica anteriormente. Destacan a de A Serra do Edramo, o Monte de Santa Mariña, entre Samos, Sarria e O Incio, e as medorras de Bustofrío e Trascastro.

Pola beleza das suas paisaxes salpicadas de prados e bosques hai varios conxuntos singulares, aldeas ben integradas no entorno, ás que se pode facer unha visita. San Cristovo do Real, Parada, Santalla de Abaixo, Praducelo, Gundriz, Trascastro, Bustofrío entre outras.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal