Lonxitude: 7 Km.
Dificultade: Baixa.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a agrupación cultural Ergueitos de Sarria puxeron en marcha a ruta literaria en homenaxe ó poeta samoense Fiz Vergara Vilariño natural de Santalla na parroquia de Lóuzara.
A ruta é un parque escultórico integrado na paisaxe que recorda ó autor a través dos seus poemas.
A ruta nace en Airapadrón e se remata un pouco mais aló da casa natal do autor. A poucos metros da zona pola que discorre a ruta atópanse as Covas de Santalla.