Lonxitude: 35 Km.
Dificultade: Media. De Sarria a Triacastela é ascenso e viceversa.
Esta ruta forma parte da Comarca de Sarria, compártena os tres concellos. Un extremo está en Sarria e no que pertence a Samos, comenza en Frollais, pasando por Lier, Barxa e Perros, estos tres últimos no concello de Sarria e volve a entrar no de Samos por Veiga de Reiriz, Gorolfe, Teiguín, Foxos, Samos, San Martiño do Real, Freituxe, Lastres, San Cristovo do Real, e o último punto de Samos: Penapartida. A ruta ten o seu outro extremo en Biduedo, municipio de Triacastela. Ésta era a ruta que utilizaban os reis de camiño ó mosteiro, vai moi próxima ó río Oribio, ou Sarria, e ten puntos en común co Camino Francés.
Todas estas rutas permiten adentrarse na fermosa paisaxe de montañas, soutos, carballeiras e prados do interior de Galicia. Permiten apreciar a sua variada flora e según a qué horas poderemos atoparnos algún xabarín, corzo ou con moita sorte o lobo.
Non esquezamos que as rutas tamén discorren por pequenas aldeas que gardan o seu patrimonio arquitectónico e humán.