Distancia: 4'8Km.
Dificultade: Baixa
Desnivel acumulado: 141m.
Roteiro lineal que vai desde a estrada LU-P-5601 (Freixo), pasando polo Castro de Margarida, ata o Castro de Formigueiros.
O Castro de Formigueiros foi parcialmente escavado hai algúns anos e é un castro que impresiona pola súa monumentalidade, co seu triplo cinto de murallas e unha área de vivendas no interior do recinto. Tanto o Castro de Margarida como o de Formigueiros datan da Idade de Hierro e seguiron habitados ata os tempos de Roma.
Este roteiro permite a posibilidade de realizarse andando ou en coche por transcorrer case na súa totalidade por unha pista, salvo o tramo que une a pista co castro que se trata dun carreiro.