A través do GDR da Comarca de Sarria, Os sete Castros, vaise a levar a cabo a elaboración dunha guía de empresas dos concellos que forman a comarca de Sarria, entre eles está o noso, Samos.
As empresas que desexen figurar nesta guía deberán cumprimentar unha autorización para a publicación dos datos.
Poden informarse no Concello de Samos, teléfono nº 982546002 ou ben no GDR Os Sete Castros, en Sarria no teléfono nº 982533802/693862170