Fondo cabecera Concello de Samos
Inicio » Novas

Novas

Bases que rexen o concurso de disfraces que se celebrará o martes de Entroido día 21/02/2012.

Por Acordo de Xunta de Goberno Local de data 02/02/2012 aprobáronse as bases que rexen o concurso de disfraces que se celebrará o martes de entroido día 21/02/2012, o que se fai público para xeral coñecemento.

ANUNCIO

Por Acordo de Xunta de Goberno Local de data 02/02/2012 aprobáronse as bases que rexen o concurso de disfraces que se celebrará o martes de entroido día 21/02/2012, o que se fai público para xeral coñecemento.

“ BASES QUE REXERÁN A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE DISFRACES QUE TERÁ LUGAR O MARTES DE ENTROIDO DE 2012 EN SAMOS.
1. Participantes e Inscripcións: Para poder participar e optar aos premios é imprescindible inscribirse o mesmo día no que se realizará o Concurso, Martes de Entroido, día 21/02/2012, de 20:30 horas a 21:30 horas, no recinto do Campo da Festa de Samos, lugar escollido para a realización do desfile e Concurso. Todas aquelas inscripcións efectuadas con posterioridade a dito prazo, serán desestimadas, calquera que sexa o motivo do atraso.
As Bases estarán a disposición dos interesados así como para xeral coñecemento na páxina web do Concello de Samos www.concellosamos.es, no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios.
2. Premios:
Os premios de participación no Martes de Entroido 2012 (martes de Canaval) serán para aqueles participantes que reúnan as condicións e requisitos esixidos nestas Bases.
O Concello de Samos destina a cantidade máxima de 550€ en calidade de premios a repartir entre as categorías máis abaixo indicadas os cales se imputarán á partida orzamentaria 3.481 do vixente orzamento de gastos do exercizo 2012, o prorrogado do ano 2011. Non obstante os premios poderán quedar desertos se o Xurado o considera oportuno. Asemade na categoría infantil, na que se establecen 5 premios de idéntica cuantía e na que poderán participar indistintamente comparsas ou disfraces individuais que reúnan os requisitos sinalados nas presentes bases, será o Xurado o que decida o número de premios a asignar a comparsas e a individual. Todos os premios son indivisibles.
Establécense as seguites categorías de Premios:
CATEGORÍA INFANTIL (COMPARSAS E INDIVIDUAIS): MÁXIMO 150 € EN 5 PREMIOS.
5 Premios de 30€ cada un.
CATEGORÍA COMPARSAS ADULTOS: MÁXIMO 250 € EN 3 PREMIOS:
1º Premio: 100€; 2º Premio: 80€; 3º Premio: 70€.
CATEGORÍA INDIVIDUAL ADULTO: MÁXIMO 150€ EN 3 PREMIOS:
1º Premio: 60€; 2º Premio: 50€; 3º Premio: 40€.
3. Aos efectos do sinalado no apartado anterior entenderase por comparsa un grupo de máscaras cun número de 10 ou máis persoas, maiores de 16 anos (cumpridos).
No caso da categoría infantil, os participantes deberán ser menores de 16 anos, debendo neste caso as comparsas estar formadas por un agrupación maior de 8 persoas menores de 16 anos. O incumprimento desta cláusula conleva o non poder optar ós premios do concurso.
4. As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no vestiario coma na súa actuación.
5. Cada comparsa deberá cantar ou recitar ante o público un mínimo dunha canción ou letra de canción.
6. O xurado avaliará especialmente, entre outros aspectos: animación, espectacularidade, vistosidade, orixinalidade, espontaneidade, posta en escena, conxunción e a animación musical.

O Xurado estará integrado por Dª Maria del Carmen Abad Rodríguez, concelleira delegada de cultura e deporte, que actuará como Presidenta e D. José Antonio García Jurjo, concelleiro delegado de urbanismo e obras, Dª Marisol Orille Díaz, Concelleira delegada de servizos sociais e vivendas comunitarias, e Dª Pilar Saavedra Morandeira, Presidenta do colectivo Mulleres Rurais, os cales actuarán como vogais.

Dª Olga Valdés Sánchez, funcionaria do Concello de Samos, con voz e sen voto, certificará o cumprimento das condicións establecidas no concurso e levantará acta de todo o que aconteza para constancia.
7. Entre as 22:00 horas e as 23:00 horas do Martes de Entroido terá lugar o concurso e desfile o cal se realizará no recinto do Campo da Festa de Samos. A intervención dos participantes no Concurso será por riguroso orde de inscripción. Igualmente haberá unha degustación de productos de porco gratuita.
8. Os premios daranse a coñecer no mesmo día do Concurso polo Presidente do Xurado.
9. No mesmo día do Concurso farase entrega aos gañadores duns VALES SIMBÓLICOS. O pago dos premios efectuarase por transferencia bancaria para o cal deberán facilitar ao Concello un número de conta bancaria do premiado, que no caso das comparsas deberá estar asinado con indicación do DNI por todos e cada un dos membros que a integren como sinal de conformidade co número de conta expresado.
10. Calqueira dúbida que poida xurdir na interpretación destas Bases, os membros do Xurado teñen a potestade para resolvela.
A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do Xurado é inapelable. “

Samos, a 10 de febreiro de 2011.
O Alcalde,
Asdo.- Julio Gallego Moure.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002 | Fax: 982 546122
E-mail: concello.samos@eidolocal.es