Fondo cabecera Concello de Samos
Inicio » Novas

Novas

PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS 2016. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Plan marco

Levaronse a cabo neste Concello as obras de Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións no Concello de Samos, correspondentes ó Plan Marco de mellora de camiños de municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, PDR de Galicia 2014-2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Este Plan contempla a mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade ás explotacións agrarias, e encádrase dentro da submedida 4.3 de apoio a investimentos en infraestructuras destinadas ao desenvolvemento, modernización ou adaptación da agricultura e a silvicultura.
A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concedeu unha subvención de 68.832,00€ para a execución das obras do proxecto de mellora dos camiños de Manxar a Romelle, acceso a Lourido e acceso a Quintá, que inclúe os gastos da obra civil obra civil e o servizo de control de calidade da obra, sendo cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 4.3 ¿Inversiones en infraestruturas destinadas al desarrollo, modernización o adaptación de la agricultura y la silvicultura¿, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, nun 7,5% por fondos do Ministerio de Agricultura, alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) en un 17,5% por fondos propios da Xunta de Galicia.
O importe total das obras ascende a 83.002,38€, dos que o Concello de Samos asume os gastos correspondentes ao IVE, redacción de proxecto e dirección de obra.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Concello de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002
E-mail: concellosamos@concellosamos.gal