Fondo cabecera Concello de Samos

Actualidad

FEADER: Europa inviste no rural

O Concello de Samos ven de rematar as obras correspondentes ó proxecto de mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrícolas, encadrado dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Este plan ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

A Consellería do Medio Rural, a través de AGADER, concedeu unha subvención para a execución das obras de 34.616,00€.

A empresa adxudicataria JESÚS y PÁRAMO, S.L., levou a cabo as actuacións recollidas no proxecto, atuando nas vías de comunicación con acceso a fincas agrarias dos viales do Empalme a Vilachá de abaixo e de Gontán a Gorolfe.

02062021 Logo FEADER

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Samos
Ayuntamiento de Samos
Plaza de España N°1 – 27620 Samos - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 546002 | Fax: 982 546122
E-mail: concello.samos@eidolocal.es